Sunday 28 de April de 2024

A biblioteca municipal de Fene anuncia o aprazamento da actuación de Ghazafellos desta tarde


Por razóns alleas á organización, suspéndese a terceira e última función do ciclo “Ler conta moito” que ía ter lugar esta tarde na Casa da Cultura de Fene. Segundo infor- man dende biblioteca municipal, o contacto dun dos membros da compañía cun positi- vo por Covid-19 motivou a corentena do elenco do grupo ao completo, razón pola cal non poderán actuar finalmente esta tarde en Fene.

Perante esta incidencia, a función de Ghazafellos co espectáculo “A máquina do tem- po” adíase para o 29 de outubro ás 18.00 horas, manténdose a reserva de prazas para as persoas que tiñan confirmada a súa asistencia esta tarde.